A Curación dos Contidos, e iso que é?

A medida que avanza a nosa sociedade, sobre todo a nivel tecnolóxico (e fundamentalmente a partir do uso de Internet) van aparecendo palabriñas novas máis ou menos acertadas para nomear certos aspectos, capacidades, obxectos, profesións, etc. que antes non había pero que chegaron para quedarse.

Cando na nosa labor docente andamos á procura de recursos para desenvolver as nosas clases do mellor xeito posible e suficientemente variado e motivador para non aburrir ao noso alumnado, cada vez máis esixente, non temos máis que conectarnos que temos de todo ao noso alcance. Os libros de texto quedaron nun segundo ou terceiro plano (e menos mal) e incluso o material das editoriais. Queremos ideas, cousas novas, frescas e chulas e diso hai moito, moitísimo. Hai tanto que ás veces eu mesma tardo dúas ou tres horas en atopar unha actividade de matemáticas ou lingua porque o proceso de buscar, comparar, modificar, axeitar… é un proceso lento, arduo e moi canso.

tree-1148032_1920

Exceso de información ou infoxicación (palabriña nova que, por certo, soa como perigosa). É malo? Non, está moi ben que teñamos onde escoller pero ao final volvémonos tolos moitas veces con tanta cousa dispoñible. Por riba, unhas páxinas levan a outras, enlazan coas redes sociais, alí se debaten, comparten máis recursos… Quen clasifica, reduce, modifica, comparte…?

Moitas veces somos nós mesmos os que facemos ese traballo (e así acabamos). Pero pouco a pouco imos descubrindo persoas, lugares, páxinas que facilitan un pouco esa labor porque xa fixeron esa selección e explican un pouco o recurso para que non teñamos que buscar en toda a rede senón nuns poucos lugares concretos. A isto se lle chama “curar os contidos”. De feito, hai persoas en empresas que teñen o perfil de “content curators” xa que hoxe en día é imposible poder estar ao tanto de todo o que vai xurdindo sobre todos os temas posibles.

Moitos xa reclaman este perfil como seu, así algúns documentalistas din que realmente éste foi sempre o seu traballo (soamente que agora se fai doutro xeito).

Dende logo, ben sexan persoas ou ferramentas, está claro que calquera axuda que teñamos para non perdernos nesta marea (e morea) de información será ben recibida.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s